28 oct. 2011

Ata logo profesblanco


Este blog naceu para facilitar o primeiro contacto coas tics a un grupo de profes do meu centro, e detrás hai un traballo gratificante co que aprendín moitas cousas e que tamén me fixo reflexionar sobre a nosa tarefa de educadores. Dinme conta de que hai un bo número de profesores que ven nas ferramentas informáticas unha axuda imprescindible para transformar a metodoloxía tradicional, e creo que teñen razón: todos os ordenadores que temos e os recursos que atopamos servirán de pouco se non planeamos un cambio na maneira de traballar nas aulas. Tamén creo que, por moita vontade que se poña, isto só será posible se se produce unha evolución nos contidos e incluso na organización dos centros. Mentres os que poden decidilo se poñen mans a obra, só cabe, coma sempre, intentar aproveitar os recursos dos que dispomos para progresar cada día.
Os Profes do Blanco xa non precisan da axuda deste blog para navegar, e eu debo facer tamén un cambio de rumbo: rematamos pois esta bitácora.

22 oct. 2011



Visto en ticblog

scribblemaps

Unha ferramenta moi boa para debuxar ou incluir puntos de interés nun mapa. Además de publicar o resultado, tamén permite gardalo como unha imaxe:

20 oct. 2011

Sigala e iTALC

Xa temos actualizados os portátiles de primeiro e tal vez vos interesen dúas novas ferramentas: SIGALA e iTALC.
A primeira utilízase para facer un grupo cos alumnos (todos os da clase ou unha parte), e poder intercambiar ficheiros con eles directamente, a través dun novo cartafol que vos aparece na carpeta do profesor. Tamén se poden intercambiar carpetas pero antes hai que comprimilas. Pódese usar para proporcionarlles apuntes, exercicios..., e para recoller os traballos que eles fagan.
iTALC é unha aplicación que vos permitirá ver os escritorios dos alumnos desde o voso portátil, bloquealos ou mandarlles mensaxes. Execútase a partir de Sigala polo que temos que ter un grupo creado para empezar a traballar.
A continuación déixovos eslaces aos manuais feitos polos asesores:

Manual de Sigala

Manual de iTALC

16 oct. 2011

Volvo á carga con Google Apps

Fai uns días informeivos de que estabamos probando os servizos de GoogleApps no noso centro.
De momento parece que ninguén se anima a utilizalos nas aulas abalar pero eu sigo coa teima porque me parece que facilitaría moito a xestión e a colaboración. Nos seguintes enlaces tedes un par de experiancias:

IES Arrigorriaga

IES Joaquín Araújo

Un curso 2.0

No seguinte artículo José Luís Castillo fai un resume da súa experiencia nun aula similar ás abalar. Explica a metodoloxía, as dificultades e ofrece enlaces nos que vemos os documentos e as páxinas de traballo reais:



Visto en aulablog21

15 oct. 2011

As novas aulas Abalar

Xa están instalando as novas aulas de 2º e tamén cambian a versión que temos nos ordenadores de 1º. Parece que ademáis das aplicacións que xa coñecemos hai novidades interesantes:
- Google Earth no ordenador do profesor.
- MuseScore para música.
- LibreOffice en vez de OpenOffice (son iguais).
- Sigala, que permite compartir arquivos con grupos de alumnos.
- iTALC, para o control de aula.
- Moodle e Drupal instalados no servidor.

A información completa atoparédela na Aula Aberta Abalar.